Viveiro. A moción do BNG sobre o Plan Económico Anual para o Concello, rexeitada polo voto de calidade da Alcaldesa

A moción presentada pola concelleira Míriam Bermúdez propoñía a aprobación da elaboración dun plan económico plurianual de investimentos, onde estivesen representadas todas as forzas políticas con representación municipal e representantes do tecido asociativo. A elaboración de este plan debería estabelecer as prioridades en materia de investimentos e figurarían no mesmo as obras a executar, as partidas que previsibelmente necesarias para a súa execución, o cronograma de actuacións das mesmas e a fase de execución na que se atopa cada investimento previsto.

O BNG solicitou ao pleno da corporación local a adopción do seguinte acordo:
1. Aprobación da elaboración dun Plen Económico plurianual (2019-2023)
en materia de investimentos no concello de Viveiro por parte do Goberno
Municipal.
2. Crear unha comisión de seguimento que se reuniría no plazo acordado
no pleno onde se aprobe o Plano Económico plurianual de investimentos que
sexa aprobado polo pleno da corporación municipal.”
O resultado da votación no pleno:
– 8 votos a favor, correspondentes dos concelleiros dos grupos do PP, Por Viveiro, BNG e          Son Viveiro.
– 8 votos en contra, correspondentes dos concelleiros do grupo do PSOE.
Producíndose o empate repítiuse a votación co mesmo resultado, procedéndos ao desempate mediante o voto de calidade da Alcaldesa que vota en contra desta moción, alegando que conta cos votos do veciñanza, quedando así rexeitada a moción presentada polo BNG.
O BNG de Viveiro agradece o apoio do resto de grupos e considera unha pena que a alcaldía non considere relevante o apoio do tecido asociativo e do resto de forzas políticas para levar a cabo as actuacións necesarias en materia de inversión, sometendo ao concello a 4 anos máis de desleixo e improvisación ocasionando unha pésima xestión que redundará no perxuizo dxs veciñxs de Viveiro.
Evidénciouse así a falta de maioría do goberno local xa que de estar presente unhas das concelleiras que se ausentou neste pleno, a moción sairía adiante. A Alcaldesa deberá ter en consideración o ocurrido e comezar a escoitar e considerar a oposición que conta coa maioría dos votos, 4364 fronte aos 3781 do PSOE, polo que ten que gobernar para a
veciñanza de Viveiro e non só para os votantes do PSOE.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.