A Asociación Veciñal de Novo Mesoiro lamenta profundamente o pasamento dun dos operarios afectados polo accidente laboral

A Xunta Directiva da A.V. Novo Mesoiro quere trasladar publicamente o seu fondo pesar polo pasamento dun dos operarios que hoxe, a primeira hora da tarde, se viu afectado no accidente laboral causado polo colapso dun andamio situado a altura do núm. 14 da avenida principal do noso barrio. Asemade tamén quere trasladar unha agarimosa e sentida aperta á familia deste traballador cuxa perda e irreparábel.

Do mesmo xeito, tamén quere desexar a pronta recuperación do outro traballador afectado no accidente e que se atopa en estado grave na unidade de coidados intensivos do CHUAC. En ambos casos poñémonos, como non podería ser doutro xeito, a disposición das familias para o que necesiten neste duros e tráxicos momentos.

Entendemos, tamén, que debemos comunicar que agardamos se aclaren as causas deste accidente laboral xa que logo, ás distintas informacións que aparecen a esta hora nos medios de comunicación indican que a estrutura provisional na que ambos traballadores se atopaban cedeu de xeito repentino e inmediato, sen poder de reacción para ambos traballadores, o que provocou que se precipitaran desde unha altura que requiría unhas determinadas medidas de seguridade que non funcionaron e víndose atrapados pola propia estrutura.

Por último, tamén está Asociación Veciñal quere subliñar e agradecer a participación da veciñanza do barrio próxima ao lugar do accidente que sen pensalo dúas veces acudiu á axuda das persoas accidentadas e realizou unha intervención de primeiros auxilios de emerxencia antes da rápida aparición dos bombeiros, policía local e servizos sanitarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.