A Xunta amplía nun 40 por cento as axudas a Farmamundi para actuacións de acción humanitaria

Este convenio ven asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 acadando máis de 620.000 euros

A Xunta amplía nun 40 por cento a dotación orzamentaria do convenio entre a Vicepresidencia e Farmamundi para actuacións de acción humanitaria e emerxencia, acadando un orzamento global de máis de 70.100 euros.

A case totalidade da dotación do convenio asinado o mes de febreiro foi utilizada para financiar catro operativos de resposta para atender as crises humanitarias derivadas do paso do ciclón IDAI por Mozambique, das inundacións padecidas en Ecuador, da precaria situación humanitaria en Gaza e dos brotes de ébola e rubéola na RDC.

Grazas a esta ampliación da dotación financeira permitirá seguir atendendo nos próximos meses as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, así como paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfase en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

O importe total destinado pola Xunta entre o 2009 e o 2019 aos convenios de colaboración con Farmamundi para actuacións de acción humanitaria elévase a máis de 620.000 euros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.