A Xunta inicia a execución dunha senda no entorno do polígono industrial de Friol

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dispón dun prazo de execución de 6 meses, aínda que se traballa para tela rematada a finais deste ano. Construirase un itinerario na marxe da estrada LU-232 á altura do polígono A Gándara- Baiuca e ata a glorieta de entrada á travesía de Friol, e prevé tamén a ampliación da beirarrúa existente e a execución dun paso de peóns

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe a execución das obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-232, para a mellora da mobilidade sostible no entorno do polígono industrial do Concello de Friol, por un orzamento de case 214.000 euros.

Estes traballos, adxudicados á empresa Grupo Bascuas 2008, teñen un prazo de execución de 6 meses aproximadamente, aínda que as obras se están programando para tentar telas rematadas a finais deste mesmo ano.

 Os traballos consisten na execución dunha senda compartida peón-bici á altura do polígono A Gándara- Baiuca e ata a glorieta de entrada á travesía de Friol, entre os puntos quilométricos 18+300 e 18+870, completándose coa ampliación da beirarrúa existente e a execución dun paso de peóns.

A senda executarase pola marxe dereita da estrada LU-232 e terá un acho de 2 metros e unha lonxitude de algo máis de medio quilómetro, estando separada da calzada por unha cuneta de seguridade para a canalización das augas de drenaxe e unha banda axardinada.

O obxectivo deste traballos e a integración do itinerario peonil e ciclista na vía actual, nunhas condicións de seguridade axeitadas e cuns criterios de deseño sostibles ambiental e economicamente.

As actuacións tamén inclúen a sinalización, tanto horizontal como vertical, que cómpre modificar trala execución das novas actuacións.

Estes traballos inclúense no programa operativo FEDER 2014-2020, no que se define como un dos seus obxectivos temáticos específico favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.