@abelcaballero recibe ao comité de empresa de Vulcano e dá o seu apoio aos traballadores do estaleiro

O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao comité de empresa do estaleiro Vulcano e deu o seu apoio ás reclamacións dos traballadores. Os representantes da empresa trasladaron ao rexedor vigués a súa preocupación pola situación que viven logo de que a empresa entrase en fase de liquidación co correspondente finiquito para toda a plantilla.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza cos representantes do comité de empresa da factoría Vulcano, estaleiro en proceso de liquidación. Á conclusión da reunión o alcalde lamentou a “política industrial de inacción” da administración autonómica e deu o seu apoio aos traballadores ante a desaparición dunha empresa que ten 100 anos de vida.
“Non teño ningunha información por parte de Xunta ou do Porto de Vigo para levar a cabo proxectos na zona e se houbera un investimento privado, os traballadores terían que ter dereito preferente”, sinalou Caballero tras louvar a profesionalidade demostrada polos empregados da empresa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.