Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros “Cultiva a Mente” que poñen en marcha o Concello de Tui e AFAGA

Celebraranse, con carácter gratuíto, en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro

O Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, poñen en marcha os obradoiros gratuítos “Cultiva a mente” en seis parroquias tudenses.  Celebraranse de outubro a xuño nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.

As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

Os obradoiros celebraranse os martes de 10 a 11.30 h en Caldelas e de 12 a 13.30 h en Guillarei. Os mércores terán lugar de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis e de 12 a 13.30 h en Areas, e por último os xoves de 10 a 11.30 h en Rebordáns e de 12 a 13.30 h en Ribadelouro.

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente nos Servizos Sociais Comunitarios na casa do concello de Tui, no correo electrónico aux.ssociais@tui.gal, ou no teléfono 986 60 36 25 ext. 54.  Poden elixir o horario que mellor se axuste as súas preferencias independentemente do seu lugar de residencia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once − seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.