@AntonGomezReino: “É difícil negociar con Sánchez cando parece que o PSOE xa prepara novas eleccións”

O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado do Grupo Confederal de Unidas Podemos–En Comú Podem–Galicia en Común no Congreso das Deputadas, Antón Gómez Reino, suliñou onte a complicación que supón negociar co PSOE a formación dun novo Goberno cando algúns organismos públicos xa dan esas negociacións por fracasadas e preparan a repetición das eleccións xerais.

“É difícil negociar con Sánchez cando parece que p PSOE xa prepara novas eleccións”, dixo Gómez-Reino, en referencia á decisión da Corporación da Radio Televisión Española de sacar a concurso a cartelería e o decorado do plató no que se celebraría un debate electoral no caso de que se convocaran comicios. O expedente da licitación, que foi publicado e posteriormente retirado da web da Plataforma de Contratación Pública do Goberno, leva data do pasado 21 de agosto.

O voceiro de Galicia En Común fixo estas declaracións en La Paz, Bolivia, onde está de visita invitado polo Goberno de ese país, tras reunirse co presidente boliviano en exercicio, Álvaro García Linera.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.