Avia Veira pregunta ao Goberno local se traballa ”xa” na posta en marcha dun programa de bolsa de vivenda en aluguer

A concelleira do BNG Avia Veira insta o goberno local a que dea xa os primeiros pasos para pór en marcha un programa municipal de bolsa de vivenda en réxime de aluguer

O emprazamento ao executivo coruñés vaino facer Veira a través dunha pregunta para a súa resposta oral no pleno do concello, a se realizar o vindeiro xoves 12 de setembro.

Veira lembra que a aprobación e posta en marcha dese programa “na primeira metade do mandato” figura como un dos compromisos no acordo de investidura asinado o 19 de xuño polos grupos municipais do BNG e PSdeG.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.