Ciudadanos urxe ao Goberno municipal a convocar “sen demora” a Mesa de Traballo sobre ordenanzas fiscais

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, censura a inacción do executivo local en materia fiscal e alerta de que a pasividade está a xerar un problema a veciñanza que, a día de hoxe, corre o risco de contar cun réxime fiscal desfasado, inapropiado y que afonde na inxustiza social

O grupo municipal de Cs insta ao Goberno local a que convoque «sen máis demora» a Mesa de Traballo de Ordenanzas Fiscais para poder analizar as necesidades de  actualización suxeridas por parte dos distintos Servizos Municipais e as propostas dos distintos grupos políticos que forman parte da corporación. Devenditas ordenanzas un instrumento económico de vital importancia para as arcas municipais e para o conxunto da cidadanía. A voceira do grupo municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, lamentou esta mañá a inacción que se produciu neste sentido durante o pasado mandato por parte do Goberno municipal.

«O Goberno socialista non foi quen de manter un calendario concreto para abordar con tempo suficiente, con resposabilidade e rigurosidade a fiscalidade municipal», sinalou Louzao. «Exemplo disto é que no ano 2018 non se levou a cabo ningunha modificación nin actualización das ordenanzas fiscais existentes para a súa entrada en vigor neste ano 2019, a pesar de existir varios  acordos plenarios en materia de fiscalidade», apuntou.

O Grupo Municipal de Cs considera imprescindible que se retome e se convoque de xeito urxente a mesa de traballo das ordenanzas fiscais, para levar a cabo unha revisión exhaustiva das propostas tanto do equipo de goberno como do resto de grupos da oposición, para acadar unha fiscalidade acorde ás necesidades actuais da cidadanía, e que reflicta as modificacións técnicas necesarias propostas polos servizos municipais co obxectivo de ser efectivas ao inicio do 2020.

Louzao lamentou que a actitude mantida polo Goberno local ao longo dos últimos anos estea a xerar auténticos problemas en materia fiscal para a veciñanza, que, a día de hoxe, corre o risco de contar cun réxime fiscal desfasado, inapropiado y que afonde na inxustiza social. «Na actualidade contemos, por exemplo, cun rueiro que marca a categoría fiscal absolutamente obsoleto», sinalou a voceira. «Descoñecemos cales son as intencións deste equipo de goberno en materia fiscal de cara ao vindeiro ano», concluiu.

Ademáis a formación laranxa propón facer este proceso máis participativo e por iso insta o Goberno local a abrir unha consulta pública a través do Portal de Transparencia do Concello de Lugo. Deste xeito poderanse achegar propostas con carácter previo á elaboración do expediente de actualización e modificación das ordenanzas fiscais. «Abrir este procedemento aos cidadáns non é unha decisión arbitraria, é un dereito recollido no artigo 133 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común», sinalou a voceira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.