Colaboración entre o @OurenseConcello e a @Policianacional para a seguridade cidadá

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello ao comisario xefe da Policía Nacional en Ourense, Juan Carlos Blázquez.

O obxectivo desta xuntanza era avanzar na colaboración entre ambas institucións para fomentar a seguridade cidadá. Alcalde e comisario coincidiron en calificar de moi positiva a reunión, que constituía a primeira visita oficial do comisario ao alcalde, e que dará paso a máis encontros destinados a fortalecer a cooperación entre Concello e Policía Nacional a través dunha colaboración constante, fluída e eficaz.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.