@CoPonteceso. A nova Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil estrearase este domingo no operativo de seguridade da Romaría da Virxe do Faro

A renovada Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Ponteceso participará este domingo, coincidindo coa celebración da tradicional Romaría da Virxe do Faro de Brantuas, no seu primeiro operativo. Oito voluntarios/as formarán parte do dispositivo xunto con efectivos da Policía Local e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), segundo informou o concelleiro delegado de Mobilidade, Seguridade, Emerxencias e Mar, Faustino Santiago Lema.

A Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Ponteceso está integrada nestes momentos por 22 persoas. Modesto Gervasio Parga Costa é o novo presidente da entidade, da que tamén forman parte o propio Faustino Santiago Lema, como vicepresidente e tesoureiro; Ana Pérez Imia, secretaria; e Manuel Taibo Fontaíña e José Costa García como vogais.

A Romaría da Virxe do Faro (achegamos cartel) é unha das celebracións máis tradicionais e multitudinarias do noso concello. Dende a Policía Local de Ponteceso incídese na necesidade de que os/as automobilistas utilicen un só carril de circulación para evitar o risco que supón a utilización dos dous carrís nos momentos de maior aglomeración de romeiros/as arredor da imaxe da santa.

Nese sentido, dende o goberno municipal facemos un chamamento á colaboración da veciñanza e a seguir as indicacións dos profesionais da Policía Local, Protección Civil e o GES para que a romaría discorra coa maior seguridade para todas a todos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.