De Madrid xa non se vai ao ceo, Por @DulceCorcu

Naqueles anos esplendorosos da “Movida”, Madrid era unha cidade tan libre e aberta que hoxe é difícil imaxinala, porque paradóxicamente iso de que “os tempos están cambiando” é certo, pero foi para peor. Non hai máis que ver os recentes gobernos tanto do Concello coma da Comunidade, liderados polo PP pero co apoio de Ciudadanos e VOX. Un alcalde que censura concertos por razóns ideolóxicas e unha presidenta cun escuro pasado de morosidade e créditos nunca devoltos ás arcas públicas. Un goberno feito a base de xente co único mérito de saír de televisión e facerlle a pelota nas redes sociais nalgún caso, e noutros, persoeiros con imputacións ou dubidosas actuacións como carta de presentación. Non importa, as tragadeiras españolas son infinitas e degluten o habido e por haber. Incluso, ver como un dos firmantes dos pactos gubernamentales en Madrid, VOX, négase a firmar quizais o único documento onde todos os grupos políticos están dacordo: o pacto contra a violencia de xénero.

En VOX, dos que ninguén tampouco agarda que sexan habitantes con toda plenitude do século XXI, dadas algunhas das súas afirmacións ou propostas, entenden que firmar ese pacto cuestiona a una parte concreta da sociedade. Refírense aos homes, claro, sen entender que non se trata de criminalizar aos homes en xeral, senón aos homes machistas. Eses que levan asesinadas trinta e nove mulleres no que vai de ano. Máis de mil dende 2003. Máis víctimas do machismo que do terrorismo de ETA, esa violencia que sen embargo sí lles preocupa tanto aínda que leven dez anos sen asesinato algún. Eles non queren potenciar o “negocio” da violencia de xénero, porque cada muller morta, cada minuto de silenzo na súa honra, cada orfo que deixan, é perpetuar “lobbies” de xénero. Nin auga a ningún. A violencia é sempre “intrafamiliar”, din. Porque o resto dos mortais tamén a sufren: maiores, nenos e homes tamén son víctimas en algún momento, pero nunca o son por un denominador común. Non son asasinados polo que son, senón por unha violencia concreta nun momento concreto. Non hai mil mulleres agardando polo seus homes ou ex homes para pegarlle catro tiros, nin para tiralos por un barranco, nin para esganalos, acoitelalos ou para matarlles ós fillos como castigo. Porque iso é o machismo e diso morren moitas mulleres, mal que lles pese á señoritada de VOX.
Actitudes como a de apartarse nese breve homenaxe do minuto de silenzo cando hai unha nova vítima, só inducen a pensar que, no fondo, como van render homenaxe a algo que propablemente non atopen nin sequera motivo de preocupación. Matóuna porque era del e de ninguén máis. Coma deus manda. Agás que se vexa implicado un musulmán, moro ou estranxeiro pobre en xeral, que entón a vítima sí entra nun rango no que merece compaixón. É o Madrid que vén, o laboratorio da vindeira España en canto aos tres xinetes do apocalipse lles dean as contas. Algo que  tampouco parece preocuparnos a nós.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.