@depulugo. José Tomé: “A Deputación está con Alcoa e cos traballadores”

O Presidente defendeu o traballo do organismo provincial e do Goberno central en favor da masa social da compañía durante o Pleno no que se aprobou un paquete de medidas para salvagardar os postos de traballo e a actividade industrial na fábrica de San Cibrao

A Corporación aprobou unha moción do Grupo Provincial Socialista para esixirlle á Xunta un plan de control da poboación de xabaril e apoio aos agricultores e gandeiros fronte aos danos causados no seu patrimonio

Unanimidade en torno á proposta socialista para instar á Consellería de Infraestruturas a acometer melloras que garantan a seguridade na estrada autonómica LU-636 que une Sarria con Becerreá

Tomé informou de que o nivel de execución do Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes (PERF) 2017-2019 é do 92,60%

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.