@depulugo José Tomé, elixido presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, foi elixido esta mañá novo Presidente do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nunha sesión extraordinaria do Pleno da entidade, celebrada na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.

Neste pleno tamén tomaron posesión os deputados Pilar García Porto e Efrén Castro Caloto, en representación da institución provincial. Con estas novas eleccións, o Consorcio Provincial de Bombeiros constitúeno tres representantes da Xunta de Galicia e outros tres da Deputación.

Ademais, formarán parte do Consorcio aqueles Concellos da provincia que contan con parques de bombeiros. Incorpórase a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; a primeira  tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada; o primeiro tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; a rexedora de Vilalba, Elba Veleiro; o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, que hoxe estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Félix Seijas; e o rexedor de Chantada, Manuel Varela, que hoxe delegou no tenente de alcalde, Diego Otero.

Estes cargos de presidencia e vicepresidencia renóvanse cada vez que se renovan os cargos dalgunha das administracións consorciadas. Neste caso, como consecuencia da realización de eleccións municipais celebradas no mes de maio.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.