FICRURAL 2019. Tres días de encontros, parladoiros, lecer familiar, cine e concertos que queren marcar un cambio de tendencia no rural 

O Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural (FICRURAL) culminou a súa primeira edición cunha entrega de premios aos gañadores do V Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia.

No acto reivindicouse a necesidade de que sigan crecendo a presencia do rural e da muller no cine, pois baixo palabras do director do Foro, Aser Álvarez, “reivindicar hoxe a ruralidade de Compostela e de Galicia non é so un acto de xustiza. É algo imprescindible para o equilibrio territorial, social, económico e para a defensa do medio ambiente. A medio prazo, sen un rural vivo non hai futuro nin para as cidades nin para o planeta. A Terra está ameazada e hai que defendela país por país, comarca a comarca, aldea por aldea.”

Ao acto acudiron Xosé Ramón Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago; Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e Xosé Lois Penas en representación da Deputación da Coruña, que fixeron a entrega de premios aos gañadores do festival: “Luzas y Morras” de José Carlos Castaño na categoría documental, “Chen Li (Ciruela de agua dulce)” de Roberto F. Canuto e Xiaoxi Xu en categoría de ficción e “Ubi Sunt” de Sandra Román Peñalba elixido polo público nunha votación aberta nos días do Foro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.