Inicia a inscrición das Escolas Deportivas do Concello de Vilalba con novas actividades como baile e patinaxe

O primeiro prazo de inscrición será do 12 ao 25 de setembro nun total de 15 modalidades para este curso. Outra das novidades será o novo criterio de adxudicación para as actividades deportivas con límite de prazas mediante sorteo

O Concello de Vilalba vén de anunciar as Escolas Deportivas para este curso 2019/2020, cun total de 15 modalidades entre as que se inclúen baile e patinaxe, ademais de manter as do curso anterior. Así o confirmou o concelleiro de deportes, Xosé Teixeiro, informando de que o primeiro prazo de inscrición terá lugar do 12 ao 25 de setembro, e o segundo do 13 ao 24 de xaneiro. Tal e como indican desde o Concello, as persoas interesadas deberán entregar o formulario pertinente que se facilitará, xunto co certificado de conta bancaria no primeiro andar do consistorio, de 9 a 14 horas nos días estipulados.

Neste abano de posibilidades, aparecen de novo aeróbic, baloncesto, fútbol, fútbol-sala, ioga, judo, loita olímpica, tenis, tenis de mesa, triatlón, ximnasia rítmica, pilates, iniciación deportiva, e tamén para este curso patinaxe e baile.

O custo para as persoas empadroadas no Concello de Vilalba será de 90 euros, e para as non empadroadas de 180 euros, con posibilidade de fraccionar o pago en dous. Nas modalidades con límite de praza, finalizada a inscrición efectuarase un sorteo para ordenar alfabeticamente o listado, e unha vez adxudicadas as prazas, tamén se fará un seguimento da asistencia. “Pensamos que é o método máis xusto e equitativo para todos”, aseverou o concelleiro de deportes, Xosé Teixeiro. As escolas darán comezo o 7 de outubro e finalizarán o 31 de maio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis − once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.