José Barca Recarey: “Gústame adestrar en A Costa, porque cada domingo respiras un fútbol distinto ao de outras zonas!

@DulceCorcu
Se un adestrador medise o seu éxito polo valioso do seu currículum coma xogador, José Barca Recarey (Carballo, 15-04-1978), tería moi poucos competidores na nosa contorna. Dende cativo, transitou en todas as categorías nas filas do Bergan, e xa de maior tamén saboreu máis dun ascenso co equipo sénior. E non foi co único. Paiosaco e Silva tamén ascenderon con el baixo paos non unha senón dúas veces, porque Barca foi porteiro e quizais desa época manteña un carácter firme e decidido, sempre a punto para tomar unha decisión arriscada se fai falla. Despois de ascensos e títulos coma o par de Copa da Costa que ten co Unión Club Cee e co Ponteceso, o seu partido mudou a portería pola banda, onde actualmente adestra ao C.D. Baíñas, pero tamén probou categorías superiores como a competitiva Primeira co Tordoia. Iso non lle impide adicarse aos máis cativos, sendo dende fai unha década o responsable das Escolas Municipais de Fútbol 8 e Fútbol Sala de Ponteceso, un Concello ao que leva anos vinculado, e onde no seu momento e xunto co seu fiel escudeiro Curro Marcos, foron artífices do Fútbol Sala Feminino cando aínda os equipos de rapazas non proliferaban tanto como agora. Fixo tamén nas convocatorias da Selección da Costa Sub´12, que cada ano desputan encontros e torneos con máis asiduidade. Barca é un adestrador dos clásicos, dos de esforzo e traballo duro, pero tamén dos que busca un grupo unido e sabe tender a man en momentos complicados. Algo que queda patente cada vez que chega a un banco novo, pois moitos dos xogadores que adestraron con el múdanse tamén á nova casa. Poucas cartas de presentación pode haber mellor que esa. Agora, coa ilusión dunha nova tempada a piques de comezar, o futuro escríbese en verde para José Barca, nun equipo feito en parte a súa medida, e que xa soubo ofrecer a mellor cara fai apenas unha semana. Non sabemos como vai acabar, pero sí sabemos que Barca foi quen de comezar entrando pola porta grande.

 Flamente campión co Baíñas do I Triangular Concello de Vimianzo. Iso é chegar e bicar o santo.
A verdade é que sempre está ben comezar con vitoria, sobre todo para subirlle os ánimos a plantilla, directiva e afección pero aínda temos moito traballo por diante e temos que superar a etapa de acoplamento entre os xogadores, para comezar a definir os automatismos do xogo que queremos e así ver resultados dese traballo.
Facía varias tempadas que querían contar cos teus servizos. Que fixo que este fose o ano por fin?.
Levabamos varias tempadas falando pero por uns ou outros motivos nunca se puido concretar. A verdade é que tiña moitas ganaS de vir porque foi un dos equipos que máis apostou por min estes últimos anos e ahora quería devolverlle esa confianza, tanto  a Juan como a Víctor e tentar así cumplir cos obxectivos marcados polo clube.
Polo que se puido ver, armastedes un equipo moi ofensivo e cheo de calidade. Que agardas da competición agora que está a piques de dar comezo a Liga?
Creo que vai a ser unha da ligas máis competidas dos últimos anos, pois moitos equipos reforzáronse ben.  Nos tentamos formar unha plantilla co maior número de xogadores da casa e cos reforzos necesarios para plasmar no campo a nosa idea de xogo e así ser capaces de crear unha identidade de clube.
Partimos por detrás de equipos como Corme, Esteirana, Ponteceso ou Muxía entre outros, pois teñen grupos ben definidos nos últimos anos e nos ainda temos que acoplar a todos os xogadores dentro dun sistema novo, de todas formas tentaremos competir os 90 minutos desde a xornada 1.

Na mesma fin de semana, podes pasar de adestrar Prebenxamíns a Sénior. Dan máis traballo os pequenos ou os grandes?

Dan máis traballo e dores de cabeza os sénior sen lugar a dúbida (risas). O traballo na Base para mín é un orgullo e un momento de desfrute ver coma os pequenos evolucionan ano tras ano e vanse formando como xogadores e como persoas cuns valores ben definidos.
Levas anos compartindo vestiario con Curro Marcos. Veste con outro compañeiro de fatigas?
Curro para min é unha persona importantísima, levamos moitos anos xuntos en diferentes proxectos e en diferentes  clubes, temos unha amizade que vais máis alá do meramente deportivo e a iso temos que sumarlle que nos gusta a mesma metodoloxía de traballo, e a mesma forma de levar un vestiario, e por iso penso que facemos un tándem perfecto. Ademáis coñecémonos tan ben que cunha mirada entendemonos sen necesidade de falar, polo que non hai mellor compaña para adestrar.
Adestras en moi diferentes competicións e categorías. En cal te atopas máis cómodo?
O certo é que adestrei categorías dende biberóns hasta séniors e a varios niveis, dende categorías de Base autonómicas hasta División de honra que é a categoría máis alta en Base a nivel nacional,  en sénior movinme entre 1ª e 2ª Galicia e de todas esas ligas aprendín moito.
Ás veces as circunstancias familiares condiciónante polo tempo libre, pois canto máis alta sea a categoría máis tempo implica e ás veces non dispoño de moito tempo.  Con dous pequenos na casa faise complicado,  pois gústame adicarlle o maior tempo libre posible, xa que medran moi rápido. Si me das a elixir, dame igual a categoría pero gústame máis entrenar na zona de A Costa, pois respírase máis fútbol cada  domingo a diferenza doutras zonas.
Ves posibilidades de soñar cun título no Baíñas?
Creo que é moi cedo para pensar niso.  A idea é crear un proxecto de futuro cunha  idea de xogo e dotando a este equipo dunha identidade deportiva e un estilo, e iso leva o seu tempo.  Temos que ir queimando fases para lograr os  obxectivos sen marcarnos datas e sí metas.
Na túa etapa de xogador foste porteiro. Dicía Oliver Kahn que hai que estar un pouco tolo. Ti que opinas?
Non sei si “tolo” e o adxectivo, pero si que solemos estar feitos dunha madeira diferente polas peculiaridades da nosa función, aínda que si mañán volvera a nacer,  voltaría a poñerme baixo paus. Por iso pensando fríamente, algo masocas debemos ser, si.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 − uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.