Lugo. Arroxo e Balseiro desbloquean a instalación eléctrica do auditorio e abren vías para retomar o plan Paradai

O tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, mantivo no día de hoxe unha xuntanza co delegado da Xunta en Lugo, “para poder realizar traballos que entendemos que é necesario coordinar entre as dúas administracións”. Segundo Arroxo, as cuestións principais son as relativas ás infraestruturas, “como é o caso das obras pendentes do Plan Paradai, como a rúa Serra de Meira ou a Calzada das Gándaras”.

Rubén Arroxo indicou que desde a área de Infraestruturas “queremos rematar as obras pendentes, na zona do Sagrado Corazón e das Gándaras”, e engadiu ”para iso entendemos que é necesario que desde a Xunta se rematen os compromisos adquiridos co Plan Paradai”. Rubén Arroxo declarou que tras esta xuntanza “inciaremos pola vía técnica os procesos para executar as obras pendentes desta zona da cidade”.

Rubén Arroxo anunciou tamén que se iniciará o proceso para que a Xunta realice a cesión ao Concello da rúa San Eufrasio “para que así se poida facer a rotonda de enlace entre Fontiñas e a rúa San Eufrasio”.  Ao respecto do colexio das obras do colexio do Sagrado Corazón, Rubén Arroxo declarou que “a Xunta está a construír o edificio e o Concello ten que urbanizar o entorno do colexio”, e engadiu que “analizaremos as diferentes posibilidades técnicas coa idea de reducir custos, tratándoo entre os técnicos de ambas institucións”.

Segundo manifestou o delegado da Xunta, “a Xunta de Galiza encargarase da conexión eléctrica, e o concello farase cargo de que unha vez isto esté solventado, realizar a recepción do auditorio”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.