Lugo. Comeza o programa “O que queda de verán na capela”

 Comezaron onte os concertos do programa “O que Queda de Verán na Capela”,  na capela de Santa María, coa actuación do Dúo Fracanapa & As Sonoridades do Tango. Este dúo, integrado pola violinista alemá Susanne Hofmann e o bandoneoista arxentino Matías González, interpretará un repertorio centrado nos grandes compositores da música rioplatense, desde Carlos Gardel ata a obra vangardista de Astor Piazolla. Coa música de tango como eixo principal interprétanse outras “delicatesens” como pezas barrocas de Bach, jazz de Charlie Parker ou os ritmos brasileiros de Egberto Gismonti, fusionando estes cun colorido estilo particular.

O vindeiro venres, actuará Ensemble Hottetrre, grupo que prentende dar a coñecer as innovacións que realizou Jacques-M. Hottererre, músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia, no mundo da música de cámara. Este músico foi un dos máximos representantes do uso da gaita de fol na chamada “música erudita”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.