@ManuelBaltar: “Cumpridas xa 12 medidas do Plan de Mandato “Ourense 72-73”

Baltar destacou que “65 días despois de ser elixido presidente da Deputación de Ourense, xa está executado un 10% do Plan de mandato, anticipándonos nalgúns casos preto dun ano antes do planificado, como a creación da Rede Provincial de Concellos Termais, prevista para xullo de 2020”

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, avalía o cumprimento das iniciativas recollidas no Plan de Mandato “Ourense 72-73” que a día de hoxe “xa están executadas 12 das 124 medidas contempladas neste documento que alberga retos concretos que serán cumpridos no mes, no día e á hora planificados”. Neste mesmo sentido, Manuel Baltar destacou que “65 días despois de ser elixido presidente da Deputación de Ourense, xa está executado un 10% do Plan de mandato, anticipándonos nalgúns casos preto dun ano antes do planificado, como coa creación da Rede Provincial de Concellos Termais, prevista para xullo de 2020”.

Este programa, presentado por Manuel Baltar para gobernar a provincia de Ourense durante o mandato 2019-2023, converteuse “na folla de ruta que marca as pautas a seguir durante os vindeiros catro anos, con realidades ambiciosas para unha provincia que vivirá proximamente momentos históricos como a chegada da Alta Velocidade, a apertura do Centro Galego de Formación Profesional, a celebración dos cen anos da Xeración Nós, a posta en valor dos camiños de Santiago que percorren a provincia con motivo do Xacobeo 2021, entre outras moitas iniciativas recollidas neste documento elaborado con planificación, previsión e visión integral de provincia, co obxectivo de lograr un Ourense mellor”, dixo o presidente do goberno provincial.

Estas 124 medidas poderán ser unha realidade “logo de desenvolver con éxito o Plan de mandato “Ourense 15-19”, que nos permitiu lograr retos tan importantes como a débeda cero da Deputación, ser líderes de transparencia a nivel nacional, así como dar visibilidade a nosa provincia en órganos de discusión e en foros nacionais e internacionais”, engadiu Baltar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.