@Mtelladof @ppdegalicia lamenta que o Goberno Central “se desentendese en todo momento” do conflito de Poligal

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou que o Goberno Central “se desentendese en todo momento” do conflito relativo ao peche da plante de Poligal en Narón. “O Ministerio nin está nin se lle espera e o delegado do Goberno segue vivindo nun mundo paralelo”, resumiu.

No mesmo sentido, Tellado lembrou que o executivo de Pedro Sánchez “é unha ameaza para a industria de todo o país, así como para a comarca de Ferrolterra”. Así, ilustrou o seu argumento co peche da central térmica de Meirama e a ameaza sobre a das Pontes, así como os problemas da industria electrointensiva ou do automóbil e a eliminación do Plan Ferrol. De igual modo, apuntou que, no sector naval, “segue a retrasar o proxecto das Fragatas F-110 sen ofrecer carga de traballo para os estaleiros”.

Por outra banda, sobre esta cuestión, incidiu en que a Xunta de Galicia foi a única que se mantivo nestes meses a carón dos traballadores, con dez reunións do grupo de traballo (a última hai unha semana) e apostando pola formación dos afectados polo ERE da factoría.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.