O @concellodelugo retirará as farolas colocadas durante o franquismo do parque de Frigsa

 O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que o concello procederá nos vindeiros días a retirar as antigas farolas de formigón instaladas cando Franco inaugurou a factoría en 1956 e que se conservan no entorno do parque de Frigsa. Segundo indicou Rubén Arroxo, “estas 12 farolas levaban sen funcionar desde o peche da factoría no ano 1983”.

Debido ao paso dos anos, as antigas estruturas de formigón comezaron a deteriorarse, chegando algunhas a ser perigosas para os usuarios e usuarias do recinto. Segundo indicou Arroxo, “as que estén en mellor estado serán conservadas como patrimonio histórico”.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.