O descanso de Lores. Por @DulceCorcu

A política -polo menos a nacional e estatal- nunca foi un pacto entre cabaleiros, e sempre houbo quen, a falta de maiores reproches na xestión, acabou sinalando e ata inventando, acusacións dun rastrerismo indigno de calquera con un chisco de talla intelectual. Lembremos as insinuacións de Xosé Luis Baltar nos seus tempos de presidente da Deputación, cando sen o mínimo pudor nin proba, sinalou que Ánxo Quintana era un maltratador. Era plena campaña electoral, e pese as denuncias por inxurias, a causa foi archivada por ampararse na liberdade de expresión. Claro, aínda non eran os tempos onde esa liberdade remataba no cárcere despois dalgún chiste sobre franquistas ou por ofender “sentimentos relixiosos”, que iso sí é merecente de condea e non que alguén diga que mallas na túa muller cando tes gana.

Agora, un pouco desa mediciña fixéronlla probar a Miguel Ánxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e que onte, na apaixonante sesión do debate de Estado da Autonomía, botou unha cabezada. Alguén que tamén debía estar moi atento ao desenrolo do debate, tomou a foto que acabou nunha red social na conta de Rafael Domínguez, portavoz do PP no Concello de Pontevedra que, no canto de non acadar a alcaldía nas urnas, tentou restar méritos a quen os ten máis que amosados, para ver si así arañaba uns votos que os sacaran da anodina vida municipal onde nada digno de importancia pasa por eles. Faltóulles tempo a concelleiros, deputados e contas de partido para facer mofa e escarnio, porque con Lores outra cousa vai ser imposible. Cero corruptelas, premios internacionais de todo tipo polo modelo de cidade, aprezo da cidadanía e respaldo en cada periodo electoral. Por fin tiñan algo que botarlle en cara! Gravísimo ese lapsus que Diego Calvo, por exemplo, non puido ver porque andaba ocupado fedellando no seu móbil durante a intervención do presidente Feijoo. Claro que esa foto Rafael Domínguez non tivo a ben publicala, ou seguía moi ocupado desprestixiando a Lores.
Foi o propio alcalde de Pontevedra o que deu a coñecer que levaba varias noites durmindo no hospital por motivo de enfermidade familiar. Pero que máis daba. Ninguén borrou as súas burlas, nin se solidarizou cunha situación persoal difícil. Non, porque para todo iso fai falla altura de miras e categoría política. Milagres a Lourdes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.