Os programas promovidos pola Consellería de Cultura e Turismo achegan hoxe sábado, 7 de setembro- senllas actuacións aos concellos da Fonsagrada e Carballedo

Na Fonsagrada, a compañía Circo Chosco porá en escea -ás 17.00 horas na Alameda- o espectáculo Riscando o ceo, no que o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabares, acrobacias e equilibrios imposibles, nun ton absurdo e reflexivo.

Trátase dun espectáculo para todos os públicos inspirado no mundo de ‘El Principito’, de Antoine de Saint-Exupéry, que trata de que o público viaxe co risco e o humor e invita a reformular o esencial das cousas. Forma parte da programación de ‘Cultura no Camiño’

No que respecta a Carballedo, o dúo Fracanapa, composto por Susanne Hofmann, violín, e Matías González, bandoneón,

estará na igrexa da Santo Estevo de Chouzán ás 18.00 horas, cun programa arredor do xénero do tango -‘As sonoridades do tango: de Bach a Piazzola’-. Forma parte do ciclo ‘Espazos Sonoros’, que celebra entre o 1 de setembro e o 6 de outubro a súa duodécima edición. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

A música, a arquitectura e a paisaxe son protagonistas do festival ‘Espazos Sonoros’, promovido pola Xunta de Galicia e que este ano ofrece achegarse a edificacións históricas de diferentes concellos galegos a través dunha programación musical que inclúe de xeito complementario andainas, visitas guiadas e obradoiros, segundo os casos. Así, en Carballedo está previsto desenvolver antes do concerto, en horario de mañá -12.00 horas- a actividade ‘Coñece o teu patrimonio: Xornada en Santo Estevo de Chouzán: tras as pegadas dunha paisaxe asolagada’. Na devandita actividade poderán participar aquelas persoas que se inscribiran previamente no prazo establecido -do 24 de agosto ao 4 de setembro-.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.