@Podemos_Galicia aposta por un modelo forestal que non estea ao servizo de Ence para loitar contra as vagas de lumes

O deputados de Podemos e voceiro de Medio Ambiente do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia, Marcos Cal, apostou hoxe por unha política forestal que poña por diante os intereses xerais, e non os da industria madereira e papeleira, para acabar coas vagas de lumes e evitar que “sigan avanzando ano tras ano coa virulencia coa que o veñen facendo”.

Para prevenir os lumes, segundo Cal, hai dous factores fundamentais: a ordenación do territorio e a loita contra o cambio climático. “Precisamos dun modelo forestal ao servizo da cidadanía, e non de Ence, e precisamos dun Goberno que combata de manera decidida o cambio climático, o que non está a acontecer coa Xunta de Galicia, que non está a facer absolutamente nada loita contra o cambio climático”.

Segundo datos da Consellería de Medio Rural actualizaados ás 9.00 am de hoxe, os grandes lumes dos últimos días en Ribeira, Porto do Son, Fisterra, Lobeira, Cenlle e Monforte veñen de queimar cerca de 1.000 hectáreas de monte. É dicir, unha extensión equivalente a máis do 27% da superficie do municipio de A Coruña.

“A suma da da falta de ordenación do monte e o cambio climático dan como resultado estas vagas de lumes tan agresivas e virulentas. Todos os expertos coinciden en estas cuestións, e o que precisamos é dunhas Administracións públicas que se poñan ao servizo da xente e non ao servizo das grandes empresas”, conclui Cal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.