@PortomarinPsoe: “Os baños do Campo da Feira en estado total de abandono e non se limpan regularmente”

A Voceira socialista de Portomarín, Silvia Rodríguez avanzou que presentará no vindeiro pleno de setembro unha iniciativa para que se adecenten e se limpen regularmente os baños públicos do Campo da Feira da vila.

Rodríguez remarca que presenta esta proposta “para que non se volvan a repetir os feitos acaecidos durante a celebración da Festa da Xuventude neste mesmo espazo, na que os baños presentaban un aspecto catastrófico, ofrecendo a todos os visitantes e veciños unha imaxe do Concello lamentable”.

“Si queremos vender e promocionar o noso Concello temos que empezar dando exemplo coidando o noso patrimonio, como neste caso os baños públicos do Campo da feira. Tal e como puidemos comprobar na pasada edición da festa Xuventude este espazo presentaba un aspecto de absoluto abandono, con enseres e táboas nun cubículo que se supón que é un baño público”, criticou a voceira socialista.

Por todo isto “pedimos que o Alcalde visite de vez en cando as instalacións do Concello, ademais de bañarse na piscina, pode pasarse tamén de vez en cando polas demais dependencias municipais e comprobar a situación do noso patrimonio, vaille no soldo”, resumiu Rodríguez.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.