@PsoeLugo. “O PP que pare de mentir e enganar sobre o pago dos fondos a Comunidades e Concellos”

A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero acusou hoxe ao PP “de pasar do absentismo total da política autonómica a desbarrar sobre a politica actual”, e pediu ao PP “que pare de enganar e mentir sobre o pago dos fondos a Comunidades e Concellos”. Otero fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións do deputado popular, Jaime Olano, sobre este asunto.

A Secretaria Provincial Socialista dixo que “Olano abandonou hoxe o seu tradicional absentismo, en relación cos problemas da provincia e dos lucenses,  para pasar directamente a desbarrar poñendo de manifesto un flagrante descoñecemento da legalidade”.

E insistiu nas suas críticas “na roda de prensa que deu hoxe Olano, esqueceu citar o Informe da Avogacía do Estado que sinala que si o Goberno en funcións realiza eses pagos actuaría fora da Lei si aboase esas cantidades”, remarcou a secretaria provincial.

Otero afirma que “é incomprensible que un Deputado do primeiro partido da oposición esixa ao Goberno da Nación que vulnere a lei. Por iso pedimos a Olano que rectifique as súas intolerables declaracións, ou ben lle pedimos a Feijoo ou a algúns dos seus Conselleiros que o saquen do seu propio erro”, espetou.

Por outra banda afirma que “as súas declaracións en relación cos socialistas lucenses poñen de manifesto que un dos trazos da súa nova personalidade política é a descalificacion dos seus adversarios políticos. Xa que como puidemos comprobar hoxe non achega argumentos, senón agravios. O PP solo quere xogar á confrontación e non quere arrimar o ombreiro para solucionar os problemas dos galegos e das galegas”, insistiu.

Os lucenses e os galegos non merecen un dirixente así

Por último dixo que “os seus ataques non merecen máis resposta que a de lembrarlle que vostede é un membro da dirección nacional do PP, por iso, esta especialmente obrigado a dar exemplo de responsabilidade aos membros do seu partido, en lugar de dedicarse a sementar declaracións falsas, mentiras e irresponsabilidade política na vida pública da nosa provincia. Os lucenses e os galegos non merecen un dirixente así”, resumiu.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete + once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.