Santaballa recupera o legado das migracións indianas esta fin de semana

Pilar García Porto presentou esta mañá, na praza de San Marcos, a IX edición das “Xornadas sobre Migracións Indianas. Feira do Indiano” que organiza a Liga Santaballesa en colaboración coa Deputación de Lugo este sábado, 14 de setembro

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, presentaron esta mañá as “IX Xornadas sobre Migracións Indianas. Feira do Indiano” que se celebrarán este sábado, 14 de setembro, na parroquia vilalbesa de Santaballa. A cita, xa consolidada, axuda a conservación do legado daqueles que tiveron que deixar a súa terra na procura dunha vida mellor.

García Porto puxo en valor esta iniciativa na que colabora a Deputación de Lugo e que actúa como “dinamizador do turismo e da economía na comarca” e agradeceu o traballo da asociación para recuperar unha das moitas escolas habaneras que se crearon nesta época gracias ás aportacións dos emigrantes lucenses e que pode visitarse en Santaballa.

Música, baile, gastronomía, xogos tradicionais, demostracións artesáns, cabezudos, visitas guiadas e postos de venta son algunhas das actividades que inclúe o programa do sábado en Santaballa. A deputada provincial aproveitou o acto de presentación das Xornadas de Migracións Indianas para animar aos lucenses a achegarse e participar desta recreación histórica.

Programa

12.30 horas: Partido de fútbol entre Santaballa D’arriba e Santaballa D’abaixo

13.45 horas: Presentación de actos e sorteo de agasallos para os vestidos de época

14.00 horas: Actuación do Dúo Calú

16.00 horas: Pasarrúas

20.30 horas: Queimada Popular teatralizada por Manuel Ferreiro

21.00 horas: Foliada co Trío La Clave

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho − 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.