@SarriaConcello. mostrará, por décimo ano, o traballo dos artesáns e artistas da comarca aos peregrinos

O Deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro Caloto (BNG) o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón (PSOE) e o Concelleiro de Sarria, Pedro López Quiroga, presentaron, xunto co Presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, a X Exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria, que terá lugar desde o próximo domingo 8 de setembro ata o venres 20 de outubro no antigo cárcere comarcal.

“Trátase dunha importante cita para a comarca, na que damos a coñecer aos nosos artistas e artesáns a unhas 10.000 persoas de preto de 30 países, que descubrirán a cultura e a tradición que se mantén a beira do Camiño” explicou Caloto Castro.

Na exposición os visitantes poderán desfrutar de máis 400 obras duns 75 artistas e artesáns da comarca, incluíndo as asociacións de Palilleiras de Sarria, Sarricanta, Crearte ou a Asociación de Afeccionados ao Bonsai O Serbal. A mostra permanecerá aberta desde as 15:00 horas ata as 20:30 horas.

Shikoku Henro

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria colabora desde fai anos coa Asociación Camiño Shikoku Henro de Xapón. Unha ruta turística e relixiosa irmandada co Camiño de Santiago que percorre a máis pequena das 4 illas principais do arquipélago, documentada desde o século XII. Ten máis de 1.200 quilómetros e pasa por 88 templos e 40 localidades.

Na exposición poderán verse mostras deste camiño, como fotografías ou credenciais do camiño, ademais membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, acudirán en novembro a Xapón a promover o Camiño Francés no arquipélago nipón, e concretamente a comarca de Sarria.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.