@VillaresLuis defende “unha axenda política propia para Galicia e unha axenda social compartida para o conxunto do Estado”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, compareceu esta mañá ante os medios para explicar a postura alcanzada polo seu partido o pasado sábado de concorrer as eleccións estatais e impulsar un espazo político progresista galego para evitar que o descontento social se transforme en abstención como adoita pasar cando aumenta o desencanto no bloque da esquerda.
Villares amosou o seu enfado coa situación de bloqueo e coa falta de acordo para formar goberno das forzas supostamente progresistas. Un enfado que comparte, tal como reflexan as enquisas, cunha gran parte da sociedade galega: “Houbo forzas políticas que non escoitaron o que era un clamor cidadá. É moitas persoas que, despois de facer un esforzo votando a forzas políticas que non eran as súas favoritas, por un idea de voto útil ante o temor de viñeran as dereitas e nos quitasen os dereitos, séntense realmente decepcionadas. Sona moito ao 15M con aquilo de “Non nos representan”, pois, a día de hoxe, moita xente non se sinte representada polas opcións progresistas que apoiou o 28 de Abril”.

400

O enfado social é máis que evidente con aqueles que non cumpriron un mandato que estaba por riba das súas propias aspiracións persoais e políticas. Segundo o voceiro era “un deber moral para evitar a redución de dereitos por parte dunhas dereitas, que contan cunha forza fascista, abertamente declarada, como é o caso de VOX.
Defraudaron a confianza, aqueles que pediron o voto útil para parar as dereitas e para formar un goberno progresista foron incapaces de poñerse dacordo”.
Existe por tanto un fartazgo pola incapacidade de chegar a acordos para crear e implantar unha axenda social de progreso pero tamén pola ausencia de Galicia nos debates previos a investidura e no propio debate de investidura “Os dous partidos que obtiveron representación nas circunscricións galegas esqueceron completamente a Galicia da súa axenda á hora de formar goberno” .
Hai un electorado galego que non se sinte representado por iso o Consello das Mareas tomou o sábado a decisión de concorrer ao proceso electoral para evitar a abstención como forza de castigo ás forzas políticas que non cumpriron. En Marea defende unha alternativa capaz de canalizar de forma esperanzadora, construtiva e ilusionante a esa decepción. “Queremos unha alternativa progresista que se comprometa, en primeiro lugar, cunha axenda política galega que defenda os intereses do noso país e, en segundo lugar, cunha axenda social compartida no conxunto do Estado para a ampliación de dereitos e liberdades. Todo isto con obxecto de gobernar para xente. Parece sinxelo pero non o é, porque vimos que durante estes meses houbo que non se interesou por isto” sinalou Luís Villares.

Para en Marea, Galicia ten que formar parte da política do Estado e da política de Estado e para tal fin as forzas políticas galegas deben ser actores que participen activamente e en positivo na gobernabilidade. Resulta fundamental, por tanto, establecer unha axenda política galega, pero tamén en participar activamente na gobernabilidade promovendo a participación das forzas políticas progresistas “na conformación dunha maioría de goberno que saque adiante unha axenda política, dun lago galega e, do outro lado, progresista”.
O deputado afirmou que o obxectivo é que Galicia estea representada nas Cortes Xerais, e tamén para formar parte da solución aos problemas do Estado: “Perseguimos un espazo galego que pinte algo na política do Estado porque actualmente, coa representación dos supostos progresistas vimos unha falta absoluta. Galicia é progresista pero os seus representantes non escoitaron ao seu electorado. Por iso facemos a nosa proposta de candidatura única galega progresista unindo forza de diferentes partidos e espazos que temos en común o reclamo sincero e honesto dunha axenda política para Galicia. Unha axenda que supoña o desenvolvemento socioeconómico de Galicia, a solución ao déficit de infraestruturas, unha transición ecolóxica xusta, oportunidades para a igualdade e que nos faga fuxir do subdesenvolvemento económico que provoca un emprego precario. En resumen, unha axenda política que nos ofreza oportunidades para vivir mellor”.
Por último, o voceiro sinalou a importancia dun proxecto común para unha axenda social compartida, pois hai cuestións que teñen que ver coas liberdades públicas e cos dereitos sociais que non son exclusivos de Galicia, polo tanto e bó que nós sexamos capaces de cooperar con outras forzas políticas progresistas do conxunto do Estado para poder sacalas adiante, como por exemplo ”a derrogación da Lei Mordaza, unha lei que minimiza a liberdade de expresión, aféctanos a nós pero tamén aos andaluces e as andaluzas ou a derrogación das Reformas Laborais, que precarizan aos galegos e ás galegas do mesmo xeito que aos madrileños e as madrileñas. A candidatura galega propia debe participar nunhas negociación de investidura baseadas no programa político, non nos sillóns, e nun orzamento que o respalde. O programa e os orzamentos son as bases para traballar na configuración dunha maioría política que permita un goberno de progreso e o desenvolvemento dunha axenda galega propia”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.