70minutos.con, un cliclo de entontros con autoras e autores

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña,  inicia un ciclo de encontros con autoras e autores denominado 70minutos.con

Unha análise sobre a nosa literatura contemporánea en presenza e conversa cos seus autores e autoras. 70 minutos de divulgación e palabra creativa: por unha banda, un achegamento á diversidade e excelencia que atravesa hoxe a literatura contemporánea a través de voces expertas capaces de contextualizar, definir e debullar as súas circunstancias e condicionantes. Pola outra, as voces protagonistas de toda esa expansiva riqueza literaria interpretando para nós o seu traballo creativo, revelándonos os seus procesos e expoñéndonos as súas chaves.

Presentarán e guiarán os actos:

Yolanda Castaño, poeta, estudosa e autora do capítulo de Poesía Contemporánea III da Historia da Literatura Galega (versión dixital) da AS-PG.

Mario Regueira, escritor, crítico literario e autor do capítulo de Narrativa Contemporánea III da Historia da Literatura Galega (versión dixital) da AS-PG.

Todos os actos finalizarán con música de Jazz do grupo Lois Rivera Trío.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte + siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.