A Cantata de Rogelio Groba será estreada este sábado, ás 20:30 hrs, no Teatro Colón da Coruña.

O concerto, baseado en poemas de Manuel María, será interpretado pola excelente Orquetra de Cámara Galega e as voces de sona internacional do Coro de Cámara de Pamplona

Rogelio Groba, o compositor galego de música clásica vivo máis relevante e o máis prolífico, con máis de setecentas obras das que moitas aínda non viron a luz, compuxo unha Cantata para orquestra e coro sobre poemas de Manuel María que será estreada nun grande concerto este sábado, ás 20:30 hrs, no Teatro Colón da Coruña.

A cantata que leva por nome As rúas do vento ceibe, como o libro homónimo de Manuel María, será interpretada pola excelente Orquestra de Cámara Galega, fundada hai cáseque vinte e cinco anos polo seu director concertino, e fillo do mestre Groba, Rogelio Groba Otero, composta por músicos galegos formados en diversos conservatorios europeos e cunha bagaxe interpretativa polas máis grandes salas de concertos internacionais. A orquestra será acompañada dun referente musical, o Coro de Cámara de Pamplona/Iruñeko Ganbara Abesbatza, dirixida polo mestre David Gálvez Pintado, e cuxas voces teñen percorrido os grandes festivais do mundo e actuado en escenarios como o Concert Hall e o Metropolitan House de Nova Iorque, Konzerthaus de Viena, o Gran Teatro de la Habana, a Sala Pergola de Florencia, Teatro Colón de Buenos Aires…

A entrada é libre até esgotar as localidades.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.