A Comision contra as Minas na Terra Chá convoca os alcaldes da comarca tras o inicio presuntamente ilegal da actividade de Erimsa

A Comisión contra as Minas da Terra Cha, integrada por máis dunha  veintena de colectivos mantivo una xuntanza tras constatar o inicio de actividades por parte de empresa Erimsa.  A Comisión  non ten constancia de que esta mineira de capital noruogués e chinés teña título de habilitación xurídica suficientes como para iniciar a súa actividade en ninguna das concecións aprobadas para extraer seixo en 20106 e que afectan 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto. De feito, tras máis de dez anos de loita, dacabalo dos anos 1012 e 2013, Eromsa perdeu os seus cinco recursos contenciosos-administrativos que interpuso contra os concellos de Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza. Nese mesmo período, a Erimsa denegáronlle  as licenzas os concellos, previa denegación da autorización autonómica.

Diante destres antecedentes, consideramos de extrema gravidade que Erimsa inicie a súa actividade extractiva na Terra Chá, cometendo así, na nosa opinión,  una posible ilegalidade, e decidimos convocar os alcaldes dos concellos afectados a una xuntanza que se vai celebrar este venres dia 11 de octubre ás 19 horas no local de cursos de Muimenta. Nesta xuntanza pretendemos que haxa un intercambio de información e facer una análise da situación para acordar pasos a dar conxuntamente e veciñanza e os representantes municipais, A intención deste entendemento sería paralizar esta actividade mineira totalmente incompatible coa actividade agraria e gandeira existente nos concellos afectados,tal e como recoñeceu a propia Xunta de Galicia nos seus informes.

Dende a Comisión contra as Minas na Terra Chá animamos aos alcaldes afectados a responder ao noso chamamento e asistir a xuntanza, dada a importancia da mesma para defender os intereses e o medio de vida de centos de familias amenazadas por Erimsa na Terra Chá.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.