A Concelleira de participación de Lugo anuncia a concesión de subvencións a colectivos sociais e turísticos

Cristina López deu conta en rolda de prensa dos acordos da Xunta de Goberno. A Concellería de Cultura comezará a traballar nas luces do nadal

A Concelleira de Participación e Servizos para a  Veciñanza, Cristina López, deu conta en rolda de prensa dos acordos da xunta de goberno de hoxe. López anunciou a concesión de dúas subvencións nominativas á Cruz Vermella e ao Colectivo de Confrarías de Semana Santa de Lugo.

A Cruz Vermella recibirá un total de 22.000€ “co fin de colaborar con esta institución en todas as actividades que vén desenvolvendo cos colectivos desfavorecidos”.  A concelleira de Participación lembrou tamén a colaboración “que esta institución realiza co concello nos actos que realizamos”

Cristina López anunciou a concesión de 6.000€ ao Colectivo de Confrarías de Semana Santa de Lugo para a organización da Semana Santa do 2020, “co fin de potenciar o turismo na cidade”. Cristina López lembrou que no 2018, a Semana Santa de Lugo foi declarada Festa de Interese Turístico Galego”.

A concelleira anunciou tamén a delegación de competencias na área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua para as luces do nadal. Segundo declarou Cristina López, desde o Concello agárdase telas “para o comezo do mes de decembro”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.