A concellería de Infraestruturas completará a instalación do ascensor con melloras na praza da igrexa do Sagrado Corazón

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitou a praza xunto con persoal técnico para ver posibles actuacións na zona. Penas comprobou o avance das obras do ascensor que entrará en funcionamento a finais de novembro

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, acompañado de persoal técnico, visitaron o barrio do Sagrado Corazón para comezar a traballar nas actuacións que o Concello realizará na zona. Segundo o Concelleiro de Infraestruturas, “estamos xa a planificar melloras na praza da praza da Igrexa do barrio, unha actuación amplamente solicitada pola veciñanza”.

Alexandre Penas informou que dende a Concellería de Infraestruturas se chegou a un acordo tras a xuntanza de Rubén Arroxo co Delegado da Xunta en Lugo para evitar que se produzan danos no entorno debido ás obras do colexio. Alexandre Penas indicou que “isto é un exemplo de coordinación entre as dúas administracións para a boa xestión dos recursos públicos”. O concelleiro nacionalista comprobou tamén o avance das obras do ascensor, das que declarou que “se ben é certo que houbo diversos problemas, o ritmo de execución actual é o correcto, polo que contamos ter esta actuación rematada a finais de novembro”

Con estas intervención, a Concellería de Infraestruturas Urbanas traballará para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía. Para a área de Infraestruturas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.