A concellería de Infraestruturas iluminará a avenida Filharmónica Lucense

Instalaranse farolas LED, que permitirán aforrar un 60% en comparación coa iluminación convencional. Ampliarase o cadro de alumeado existente até o de agora

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, anunciou no día de hoxe que o Concello procederá a renovar a iluminación da avenida Filharmónica Lucense, dende as pistas de atletismo até a piscina municipal. Actualmente, os técnicos municipais están a ultimar o proxecto, “e estimamos que a intervención esté rematada antes de final de ano”, indicou Alexandre Penas.

Dende a concellería de infraestruturas investiranse un total de 31.157,85€, que se destinarán á instalación de 8 luminarias LED de 63W que, segundo Alexandre Penas, “consumen aproximadamente un 60% menos que a iluminación convencional”. O concelleiro nacionalista indicou que “se partirá do cadro de alumeado existente, que se ampliará segundo sexa preciso, ademais, realizaranse as canalizacións que sexan necesarias”.

Alexandre Penas lembrou que “esta é unha actuación que a veciñanza da contorna leva solicitando moito tempo”. A concellería de infraestruturas ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis + 9 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.