A Consellería de Cultura e Turismo apoia as festas do San Froilán cunha achega de 30.000 euros

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe no Edificio Multiusos da Xunta unha exposición de carteis históricos das patronais lucenses

A Consellería de Cultura e Turismo apoia as festas de San Froilán de Lugo cunha achega de 30.000 euros para contribuír á promoción e difusión deste evento declarado de interese turístico nacional.

Deste montante, 5.000 euros están destinados a sufragar unha campaña a prol da igualdade que se desenvolverá durante os festexos. A Consellería de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  asinaron un acordo no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o desenvolvemento da campaña de información e sensibilización Agresión off, eu digo non á violencia sexual que pretende combater actitudes machistas nas festas e outras manifestacións lúdicas multitudinarias.

Así mesmo, a sede da Xunta en Lugo acollerá durante estes días unha exposición de carteis históricos do San Froilán, que foi inaugurada hoxe polo delegado territorial, José Manuel Balseiro.

Trátase dunha colección de once carteis anunciadores das “feiras e festas de San Froilán” de distintas épocas. O máis antigo data de 1954 e o máis recente do 1984 e pertencen ao fondo do depósito legal da Biblioteca Pública Provincial; tamén figuran os dous carteis deste ano. A mostra pode ser visitada ata o día 14 de outubro.

O delegado territorial destacou “o poder de convocatoria do San Froilán, que hoxe como hai medio século é capaz de atraer a persoas de toda a provincia, de Galicia e mesmo doutros puntos, enchendo as rúas de bulicio e cambiando o aspecto da cidade”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 + 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.