A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende hoxe a exposición fotográfica colectiva Falando en prata

A mostra, que poderá ser visitada ata o día 31 de outubro, está formada por imaxes en branco e negro tomadas e reveladas con técnicas tradicionais, que poñen de manifesto o contraste coas tecnoloxías dixitais, máis utilizadas actualmente e que presentan un proceso e uns resultados claramente distintos.

Os autores son fotógrafos de Sevilla, Valencia, Toledo, Gijón, Santander, Gipuzkoa, Bilbao, Madrid, Pontevedra, Ourense e Lugo. Os representantes lucenses son Xosé Manuel Otero,  Eduardo Ochoa e Fernando Gago.

Xosé Manuel Otero é membro activo do movemento “Falando en prata”, que promove a fotografía arxéntea dende o Ateneo de Ourense en toda España e Portugal; o nome evoca ao bromuro de prata como un dos elementos químicos máis utilizados nos procesos clásicos de revelado.

Eduardo Ochoa e Fernando Gago forman parte do grupo foto-cinematográfico Fonmiñá, que promove en Lugo a Semana Internacional de Cine de Autor así como exposicións fotográficas e outros eventos culturais ao longo do ano.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.