A @depulugo contribúe con 40.000€ a manter o refuxio de animais de Xermade

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Participación Cidadá e Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, mantiveron un encontro este xoves no Pazo de San Marcos coa representante da Asociación Animals Help, Sonia Camino Jurado, durante o que asinaron o convenio regulador da subvención nominativa que achega a institución provincial a este colectivo por un valor de 40.000 euros.

A través desta axuda, a asociación, que xestiona o refuxio de animais de Xermade, poderá sufragar os diferentes gastos para o mantemento desta canceira. Esta reunión súmase á rolda de contactos que está a manter o Presidente con representantes de diferentes colectivos sociais e municipais co fin de coñecer as súas necesidades e demandas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 + 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.