A @DeputacionOU entrega unha garabata á comandancia da Garda Civil polo seu 175 aniversario

 A Deputación de Ourense entrega unha garabata á comandancia da Garda Civil para conmemorar o 175 aniversario da súa fundación. O vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, entregou esta distinción ao Corpo durante a celebración da patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar, hoxe en Santa Mariña, “no día do achegamento do Benemérito Corpo á sociedade, que reforza o seu sentido de proximidade, humildade e principios”, salientou Rosendo Fernández na súa intervención.

Trala misa na Catedral de Ourense, os actos con motivo do Día do Pilar trasladáronse ao acuartelamento de Santa Mariña para celebrar un acto institucional castrense ao que asistiron numerosos representantes civís e militares da provincia para participar na “festividade, que cada 12 de outubro, achega o Corpo aos cidadáns, reforzando esa confianza mutua e fomentando unha celebración máis activa da sociedade na prevención das conductas delictivas. De feito foi creada como a primeira forza de orde público de proximidade en España”, dixo Rosendo Fernández.

O vicepresidente do goberno provincial lembrou a historia de creación do Corpo aludindo a que “durante o reinado de Isabel II, sendo o ano 1844, foi fundado o corpo da Garda Civil, como forza de seguridade a nivel nacional e sabendo, concretamente, que na provincia de Ourense e partindo da Coruña, comezou un primeiro despregue a partir de outubro dese ano e foi concluída a finais dese mesmo ano coa constitución dunha compañía”.

Por elo, este ano, se conmemora o 175 aniversario da fundación da mesma, e tendo en conta que “a Garda Civil presta servizo en toda a provincia, sendo competente en materia de seguridade cidadá en 91 dos 92 concellos, a Deputación de Ourense quere, coa entrega desta distinción, agradecer e poñer en valor o labor que realiza a Garda Civil na nosa provincia en nome da sociedade ourensá”, explicou o vicepresidente da Deputación de Ourense.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.