‘A esquerda con forza’ de Eva Solla será a única candidatura de Esquerda Unida á presidencia da Xunta

O proceso de eleccións primarias de Esquerda Unida aberto no mes de setembro, remata a 1ª fase e dará comezo en novembro á elección das candidatas e candidatos provinciais de cara ás eleccións autonómicas de 2020

A coordinadora electoral de Esquerda Unida no relativo ao proceso de primarias á presidencia da Xunta, traslada que transcorridos os prazos e tras terse presentado unha soa candidatura en tempo e forma segundo o regulamento aprobado, a candidatura de Eva Solla, A esquerda con forza, pasará a ser ratificada polo máximo órgano de dirección de Esquerda Unida.

Remata pois a primeira fase do proceso de primarias de Esquerda Unida cara as eleccións autonómicas 2020, que dará paso xa no mes de novembro, á 2ª fase na que se elixirán ás persoas que Esquerda Unida postulará dende as catro provincias para concorrer ás eleccións autonómicas do 2020.

Esta 2ª fase dará comezo o 22 de novembro coa proclamación das precandidaturas provinciais nas que se elixirán 4 persoas por provincia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.