A FELODA organiza no Centro de Alto Rendemento de Madrid, a reunión anual dos técnicos nacionais, para elaborar o calendario de actividades do ano 2020.

Os técnicos Galegos que se desprazarán a Madrid do 4 ó 6 de Outubro, para participar na elaboración do calendario son: Marcos Miragaya Lama, seleccionador cadete de Libre Olímpica, Rubén Méndez, técnico nacional de apoio e Pablo Pintos, seleccionador nacional U-23.

Unha das principais liñas de traballo é facilitar as actividades das diferentes seleccións nacionais en Galicia, para seguir atraendo novos eventos a nosa comunidade. De este xeito beneficiamos de forma directa os nosos clubs e deportistas, afirma Pablo Pintos.

Este fin de semana, o Colexio Galego de Xuíces Árbitros, terá unha cita ineludible no CLINIC NACIONAL de Loitas Olímpicas, nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Madrid, dende o 4 ata o 6 de Outubro.

Os árbitros do colexio Galego: Celeste Meleiro, Ahinoa González, Aaron Bello y Daniel Fernández, participarán no Clinic de ascenso nacional.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + 10 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.