A nosa previa. C.D. Muros – C.D. Baiñas (Domingo, 12:00h)

Chega outro partido no que teremos moitas dificultades para conformar unha convocatoria, pois a falla de efectivos segue a ser o noso principal problema. Sen dúbida, veráse agravado polo bo momento que atravesa o Muros, que vén amosando un implacable dominio en cada encontro que desputa e que o ten moi ben colocado na táboa clasificatoria.

Tentaremos aproveitar o estado de ánimo do domingo pasado, que coa remontada e os tres puntos tranquilizou un pouco o vestiario e fainos capaces de crer que podemos sacar adiante calquera partido pese a todos os inconvintes aos que nos enfrontamos. Nunha hora atípica, ás doce do mediodía e sen Toño que se ausenta por motivos laborais, saltaremos ao terreo de xogo coa idea de competir e buscar contrarrestar a efectividade do Muros, que fai moitos goles en cada partido. Felipe e Cristian aínda arrastran as súas lesións e completarán aos 12-13 que buscaremos sacar algo positivo do Eleuterio Balayo. Sería importante seguir sumando por máis que somos conscientes do difícil campo que visitamos e do boísimo momento de forma do Muros, pero está claro que sairemos a competir os noventa minutos. Agardamos polo menos non traer máis baixas, á espera da vindeira semana na que xa poderá incorporarse Dieguito.
Haberá que madrugar un chisco pese a ser domingo…pero seguro que pagará a pena! A afección sempre é un xogador máis que todos precisamos. Vémonos en Muros!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez − nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.