A Xunta enxalza a presenza da Galicia pesqueira no mundo e a súa capacidade exportadora neste eido

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, puxo hoxe de relevo a presenza da Galicia pesqueira no mundo, en concreto en máis de 20 países onde a comunidade autónoma galega conta con barcos de bandeira local e ademais destacou que en máis de 30 países conta con actividade transformadora e comercializadora neste ámbito

Isabel Concheiro tamén fixo fincapé na capacidade exportadora de Galicia que superou a barreira da exportación de máis de 2.200 millóns de euros e das 600.000 toneladas de produtos do mar, cun aumento do 70% na cantidade económica nos últimos dez anos.

Así o destacou durante a inauguración da VI edición de Exporpymes, un evento de internacionalización deseñado para promocionar os produtos galegos e organizado pola Cámara de Comercio da Coruña coa colaboración da Xunta. A secretaria xeral técnica definiu esta cita como “a ocasión perfecta para establecer novas oportunidades de negocio para as pemes galegas; pechar acordos ou detallar pedidos”. Este evento reúne a 150 empresas galegas e 90 empresas importadoras procedentes de 30 países e en relación ao ano pasado as empresas importadoras participantes aumentaron máis dun 20%. Ademais no 2018 destacou o aumento de importadores de produtos do mar e de peixe conxelado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho + 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.