Abel Caballero: “As familias viguesas aforrarán 17,1 millóns en taxas de 2019 por exencións fiscais”

O Concello de Vigo aprobará, xunto co Orzamento de 2020, a liquidación das exencións fiscais e subvencións a custe das taxas municipais. O documento económico do ano 2019 recolle que os vigueses aforrarán en este concepto un total de 17,1 millóns de euros, un 17% máis que o ano anterior

As familias viguesas aforrarán este ano un total de 17,1 millóns de euros grazas ás exencións fiscais do Concello de Vigo e a rebaixa de taxas en recintos municipais. Segundo informou este venres Abel Caballero, supón un aumento do 17% respecto a 2018, cando a cifra situouse en 14,2 millóns.

Familias numerosas, fogares con poucos recursos e xubilados son os que resultan máis favorecidos este ano, pero os beneficios fiscais tamén inclúen a outros colectivos como os propietarios de motocicletas, comercio local ou persoas con algunha discapacidade. En total, son 54.683 exencións fiscais na cidade.

O documento económico que será aprobado xunto cos Orzamentos Municipais para 2020, indican que a maior bonificación fiscal do Concello en números absolutos corresponde ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) cun total de 4,18 millóns, un 3,8% máis que en 2018. Case 300 familias numerosas ben bonificado o seu IBI, que tamén se reduce no caso de vivendas protexidas, fundacións ou centros educativos.

No tocante ao lixo de vivendas, existen 3.926 exentas de un importe de 341.169 euros e no lixo comercial a subvención municipal ao custe do servizo é de 1,7 millóns. Respecto ás escolas infantís hai 400 familias exentas (50.000 euros) e a subvención do Concello é de 1,85 millóns.

Os vigueses tamén están exentos dun total de 1,1 millóns de euros en taxas de uso de instalacións deportivas e outro 1,9 millóns en impostos de vehículos. Neste último caso, o un total de 11.409 ciclomotores e 11.141 motos de menos de 125 centímetros cúbicos están exentas totalmente do pago da taxa.

A plusvalía ten uns beneficios fiscais en 2019 que suman un total de 1,1 millóns, un 45% máis que en 2018, e a exención do Imposto de Actividades Económicas supón 215.000 euros máis.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.