Ana Peleteiro, na final mundial de triplo

Logo da fantástica actuación de Adrián Ben nestes mundiais, hoxe era a quenda da riveirense Ana Peleteiro sobre o foso de triplo

A nosa representante, que acudía con moitísima motivación e gañas a este mundial, acadaría a clasificación dunha maneira brillante logo de facer tan só dous saltos de 14.11 m. e 14.23 m. rexeitando efectuar o último logo ó verse xa metida na final.

A plusmarquista española accede por segunda vez a unha final dun campionato do mundo despóis de que na última edición de Londres-2017 lograse unha sétima posición con 14.23 m.

A final (sábado ás 19.35), que se prevé aberta e emocionante, contará cunha Peleteiro intentando colleitar un novo éxito nesta tempada que engair ó seu títitulo de Campioa de Europea de Pista Cuberta logrado en Glasgow o pasado inverno.

A mellor marca das concursantes no día de hoxe correspondería ó grupo A onde a xamaicana Ricketts chegaría ata ós 14.42 m. polos 14.31 m. da gañadora do grupo onde saltaba a galega, a venezolana e clara favorita ó titulo, Yulimar Rojas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte + seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.