Ana Pontón: “O proxecto de Orzamentos de 2020 é decepcionante, é o retrato dun Feixoo esgotado”

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que as liñas do proxecto de orzamentos que onte presentou o presidente da Xunta son “decepcionantes, sen proxecto de país, o mellor retrato dun Feixóo e dun PP esgotados sen alternativas económicas”

Con 6.000 postos de traballo en xogo só no sector industrial, este proxecto de contas públicas non inclúe nin unha medida para facer fronte a esta crise e tampouco hai unha reversión dos recortes no ámbito social, -criticou-. Só en atención primaria, 2.000 millóns de euros menos o longo da década de goberno do PP, e este orzamento “continúa coa mesma política que está poñendo a sanidade pública contra as cordas”.

Pontón lamentou que a gran proposta do Executivo sexa a celebración do vindeiro ano santo. “A receita máxica é teimar en encomendarnos ao Xacobeo 2021, pero este país necesita unha estratexia produtiva, industrial e unha aposta pola innovación, solucións á crise industrial e darlle a volta a todos os recortes e privatizacións que deterioran a sanidade, o ensino ou a cobertura da dependencia”.

Ningún destes problemas vai ter solución cunhas contas públicas que son, -dixo-, “puro continuísmo, cunha dose importante de propaganda e de autobombo pero que reflexan até que punto o proxecto político de Feixóo está esgotado e retrata o fin de ciclo do PP. O BNG vai estar aí para dar unha alternativa a partir do 2020”, concluíu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.