@ArboConcello gaña a batalla dos eólicos a @AsNevesConcello

O 4 de abril de 2008 o Concello de Arbo presentaba no Rexistro da Conselleria de Presidencia Administración Publica e Xustiza, o acordo adoptado na Xunta de Goberno Local de 13 de decembro de 2007, sobre o inicio do expediente de delimitación nos termos municipais entre As Neves e Arbo.

A orixe do problema foi a titularidade dos terreos nos que se enclavan os muíños eólicos que se sitúan entre os municipios de Arbo e As Neves. As comunidades de montes reciben unha compensación polo aluguer sos seus terreos ás empresas produtoras de enerxía eólica e a comunidade de montes de Cabeiras, en Arbo, sostiña que debía recibir máis fondos porque había tres muíños que estaban realmente no seu territorio, mentres que o Concello das Neves sostiña que as torres estaban en terreos nevenses.

O 31 de outubro de 2012, por decreto da Conselleria de Presidencia resolveuse o expediente de deslinde a favor de Arbo, decreto que foi recorrido polo Concello de As Neves e que foi desestimado pola Sala do Contencioso-Administrativo de Madrid o pasado 1 de outubro de 2019, feito que clarifica definitivamente a titularidade dos terreos, e
posibilitará que a comuninade de montes afectada e o Concello de Arbo perciban as compensacións económicas que legalmente lles pertencen.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.