Arredor de 1.845 desempregados ampliarán as súas expectativas laborais grazas aos cursos de formación na área da Coruña

O delegado territorial presentou os cursos que terán lugar na provincia e concretamente na comarca da Coruña investiranse máis de 5,2 millóns de euros en 123 accións formativas

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, presentou esta mañá en rolda de prensa os cursos de formación AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados) que se desenvolverán nos vindeiros meses na provincia. En total, na Coruña impartiranse, a través do Plan galego de formación 2019/2020, 281 cursos AFD, nos que poderán participar máis de 4.215 persoas que ampliarán a súa formación, e que ao remate recibirán os seus correspondentes certificados de profesionalidade, con validez en toda España.

Estas accións teñen lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro. Ovidio Rodeiro sinalou que “a través deste programa a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá na provincia coruñesa máis de 11,8 millóns de euros”.

Os alumnos que participen nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnos vítimas de violencia de xénero ou con necesidades especiais. Estas achegas o ano pasado ascenderon na provincia a máis de 4 millóns de euros.

O delegado territorial destacou que a área da Coruña é a máis beneficiada por estas accións formativas. En total, impartiranse 123 cursos para formar a 1.845 alumnos cun investimento que supera os 5,2 millóns de euros. Estes cursos celebraranse na súa maioría no concello da Coruña e 18 estarán organizados polos concellos de Arteixo, Betanzos, Cambre e Oleiros.

Empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos ofertarán accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Os alumnos e alumnas interesados en acceder a esta formación poderán contactar coa entidade ou o centro para realizar a súa preinscrición no curso da súa elección. Ademais, poderán acceder a un certificado de profesionalidade que lles abrirá novas oportunidades laborais.

Esta iniciativa, que se enmarca na Axenda 20 para o Emprego, conta co obxectivo de seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2019-2020), o que posibilitará que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade dos alumnos.

Así, os interesados poderán solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. Tamén terán posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar e que a Xunta apoia ao 100%. A persoa desempregada poderá obter na web toda a información sobre o curso que lle interesa: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial.

Inserción media do 60%

A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, Así, nas últimas edicións alcanzouse un grao de inserción de preto do 60% e deles, 2 de cada 3, conseguírono nos seis primeiros meses tras a finalización do curso.

Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

Entidade
Especialidade
Presuposto
ACADEMIA POSTAL 6, LA CORUÑA S.L.
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web
50.169,60 €
ACADEMIA POSTAL 6, LA CORUÑA S.L.
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web
50.169,60 €
ACADEMIA POSTAL 6, LA CORUÑA S.L.
Seguridade informática
45.845,10 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L
Organización do transporte e a distribución
30.557,40 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L Organización do transporte e a distribución
30.557,40 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L
Xestión de márketing e comunicación
66.544,20 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L Xestión e control do aprovisionamento
30.022,80 €
ACMARK CENTRO DE FORMACION, S.L
Xestión e control do aprovisionamento
30.022,80 €
CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
46.634,40 €
CENTRO AGARIMO
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
CENTRO AGARIMO
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
CENTRO DE ESTUDIOS GASTRONÓMICOS, S.L.
Operacións básicas de cociña
31.852,80 €
CENTRO DE ESTUDIOS GASTRONÓMICOS, S.L.
Operacións básicas de cociña
31.852,80 €
CENTRO DE ESTUDIOS GASTRONÓMICOS, S.L.
Operacións básicas de restaurante e bar
24.906,60 €
CENTRO DE ESTUDIOS GASTRONÓMICOS, S.L. Operacións básicas de restaurante e bar
24.906,60 €
CENTRO DE ESTUDIOS GASTRONÓMICOS, S.L.
Servizos de restaurante
53.172,60 €
CENTRO DE ESTUDIOS PROFESIONALES DE GALICIA,S A Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
CENTRO DE ESTUDIOS PROFESIONALES DE GALICIA,S A Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CENTRO DE ESTUDIOS PROFESIONALES DE GALICIA,S A Docencia da formación profesional para o emprego
33.053,40 €
CENTRO DE ESTUDIOS PROFESIONALES DE GALICIA,S A
Docencia da formación profesional para o emprego
33.053,40 €
Centro de Formación Nuevas Profesiones, SL Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
Centro de Formación Nuevas Profesiones, SL
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
Centro de Formación Profesional Soldeo, S.L. Soldadura con eléctrodo revestido e TIG
80.167,80 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Administración de bases de datos
59.977,44 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Docencia da formación profesional para o emprego
33.053,40 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Docencia da formación profesional para o emprego
33.053,40 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Programación de sistemas informáticos
56.188,80 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Seguridade informática
45.845,10 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Sistemas microinformáticos
50.698,80 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP) Xestión de márketing e comunicación
66.544,20 €
CENTRO DE INICIATIVAS PROFESIONALES (CIP)
Xestión integrada dos recursos humanos
64.430,40 €
CONCELLO DE ARTEIXO
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CONCELLO DE ARTEIXO
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CONCELLO DE ARTEIXO
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
CONCELLO DE ARTEIXO
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
CONCELLO DE ARTEIXO
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
CONCELLO DE ARTEIXO
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
CONCELLO DE ARTEIXO
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.991,60 €
CONCELLO DE ARTEIXO
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.991,60 €
CONCELLO DE BETANZOS
Dinamización comunitaria
43.500,00 €
CONCELLO DE CAMBRE
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG
87.313,80 €
CONCELLO DE CAMBRE
Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
76.733,10 €
CONCELLO DE OLEIROS
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
37.763,40 €
CONCELLO DE OLEIROS
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
46.634,40 €
CONCELLO DE OLEIROS
Cociña
80.681,40 €
CONCELLO DE OLEIROS
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
CONCELLO DE OLEIROS
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
CONCELLO DE OLEIROS
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.991,60 €
CONCELLO DE OLEIROS
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
66.960,00 €
CONFEDERACIÓN GALEGA DE MINUSVÁLIDOS (COGAMI) Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
CONFEDERACIÓN GALEGA DE MINUSVÁLIDOS (COGAMI)
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L.  Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L. 
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L. 
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L. 
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.991,60 €
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L.  COMUNICACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS) N2
17.721,40 €
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L. 
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N3
4.496,33 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Creación e xestión de microempresas
42.063,30 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Docencia da formación profesional para o emprego
33.053,40 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Mercadotecnia e compravenda internacional
63.061,20 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Organización do transporte e a distribución
30.557,40 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais
64.738,80 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Programación en linguaxes estruturadas de aplicacións de xestión
63.795,30 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Seguridade informática
45.845,10 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Seguridade informática
45.845,10 €
ESCUELA DE FINANZAS SL
Xestión comercial de vendas
46.179,60 €
forGA
Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
51.195,60 €
forGA
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG
80.167,80 €
forGA
Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
69.686,10 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA
Fabricas de albanelería
58.060,80 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
66.960,00 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
66.960,00 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción
51.692,40 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción
51.692,40 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Soldadura con eléctrodo revestido e TIG
87.313,80 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA
Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
69.686,10 €
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
69.686,10 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web
50.169,60 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
Mercadotecnia e compravenda internacional
63.061,20 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
Programación de sistemas informáticos
56.188,80 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
Seguridade informática
45.845,10 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
Sistemas de xestión de información
50.169,60 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
Xestión de márketing e comunicación
66.544,20 €
FUNDACIÓN RONSEL
Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
FUNDACIÓN RONSEL
Creación e xestión de microempresas
42.063,30 €
FUNDACIÓN RONSEL
Creación e xestión de microempresas
42.063,30 €
FUNDACIÓN RONSEL
Creación e xestión de microempresas
42.063,30 €
FUNDACIÓN RONSEL
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
FUNDACIÓN RONSEL
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
FUNDACIÓN RONSEL
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
34.419,60 €
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
GABA FORMACIÓN, S.L.
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
GABA FORMACIÓN, S.L.
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
GABA FORMACIÓN, S.L.
Organización e xestión de almacéns
29.282,40 €
GABA FORMACIÓN, S.L.
Xestión e control do aprovisionamento
30.022,80 €
ILUSTRE COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS INDUSTRIALES DE GALICIA Desenvolvemento de proxectos de sistemas de automatización industrial
69.544,80 €
INGENIERÍA DEL ACERO DEL NOROESTE, S.L.
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG
87.313,80 €
INGENIERÍA DEL ACERO DEL NOROESTE, S.L. Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
76.733,10 €
INSTITUTO GALEGO DE FORMACIÓN
Actividades administrativas na relación co cliente
65.183,70 €
INSTITUTO GALEGO DE FORMACIÓN
Operación de sistemas informáticos
57.374,70 €
SIAD 24 GALICIA SL
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
SIAD 24 GALICIA SL
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2
13.777,92 €
SIAD 24 GALICIA SL
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
SIAD 24 GALICIA SL
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2
13.751,22 €
SIAD 24 GALICIA SL
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.991,60 €
SIAD 24 GALICIA SL
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
3.991,60 €
TALLERES GALLEGOS DE SOLDADURA, S. C.
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG
87.313,80 €
TALLERES GALLEGOS DE SOLDADURA, S. C. Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
76.733,10 €
123 CURSOS 
5.230.127,07 €

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.