Avanzan os traballos na travesía de Sísamo ao tempo que se tramita a continuación da obra ata o núcleo do Outeiro

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata a avenida das Flores, onde se traballa nestes momentos                                                                      

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata a avenida das Flores para interesarse polo desenvolvemento das obras da segunda fase da travesía de Sísamo.

Dada a lonxitude do treito de vía incluído no proxecto de reurbanización, que supera os 500 metros, a empresa adxudicataria, Construcciones Cernadas S.L., en coordinación coa Policía Local e cos servizos de transporte escolar afectados, estableceron un plan de actuación encamiñado a facilitar a accesibilidade durante a execución dos traballos. Con ese obxectivo, a obra dividiuse en tres treitos, e nestes momentos estase a actuar no primeiro, comprendido entre as rúas Papoula e Orquídea.

Os labores nese treito avanzan segundo o previsto, polo que, salvo complicacións, a rúa quedaría aberto antes do Nadal e empezaríase a actuar no seguinte, entre as rúas Flor do Toxo e Xuncos. Agora mesmo están cortados os accesos dende a Avenida das Flores cara as rúas Rosas e Hortensias, ás que poderá accederse a través das rúas Begonias e Violetas, respectivamente.

As obras, financiadas pola Deputación da Coruña con 629.059,94 euros, inclúen a renovación de todos os servizos urbanísticos e a mellora da accesibilidade mediante a dotación de plataforma única.

Ao mesmo tempo que se executa esta segunda fase, que ten un prazo de 12 meses, o goberno municipal tramita a continuación da obra ata Sísamo. O Concello de Carballo xa presentou o proxecto da terceira e última fase da travesía, que ten un orzamento de 1.749.910,47 euros, para que poida ser incluído nos orzamentos provinciais do ano que vén.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.